3 julio 2017 por xarandeira
«Pasou o día pasou a romería»
Un ano máis temos que dar gracias a todos os que no día de onte fixestes que a VI edición do #GHAITELLÓN fose posible.
Queremos agradecer ós músicos, bailadores e festeiros en xeral, pero tamén os membros do grupo e ás nais e pais dos rapaces pola súa colaboración, que como cada ano é impresionante e fan que todo sexa máis fácil. Gracias por facernos ver ós que lle poñemos empeño, traballo e sobre todo ilusión, que vale a pena o esforzo.
Deixámosvos co enlace do Facebook onde encontraredes imaxes e videos da xuntanza:
https://www.facebook.com/acxarandeira/
Publicado en Actuacións, Agradecementos, Novas | Leave a Comment »
25 mayo 2016 por xarandeira
Con motivo dos actos das Letras Galegas 2016, a asociación «Nós de Sobradelo» invítanos este sábado dia 28 ao Auditorio de Vilagarcía.
Está previsto o comezo ás 18:00
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
14 mayo 2016 por xarandeira
Nunhas poucas horas estaremos actuando en Pontecesures polo dia das nosas Letras Galegas. Aquí vos deixamos o cartel deste ano!!
O noso grupo invitado será a «Agrupación Musical de música e baile tradicional»

Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
16 diciembre 2015 por xarandeira
Dende a A.C. Xarandeira desexámosvos moi boas festas e que teñades bo inicio de ano!
Publicado en Agradecementos, Novas | Leave a Comment »
12 junio 2015 por xarandeira
Xa é o cuarto ano consecutivo que estamos a facer esta xuntanza! Animádevos!

Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
14 mayo 2015 por xarandeira
Este ano o noso grupo invitado será a Banda de gaitas Treboada de Guillán. Esperamos que todos os cesureños disfrutedes!
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
25 diciembre 2014 por xarandeira
Desde A.C. Xarandeira queremos felicitarvos o Nadal a todos os que nos visitades e disfrutades coa nosa música. Que teñades boas festas!!!
Publicado en Agradecementos | Leave a Comment »
31 julio 2014 por xarandeira
- 10/08/2014 – Pazos
- 27/09/2014 – Vilar
- 12/10/2014 – Pontecesures
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
31 julio 2014 por xarandeira
Non todo é traballar. Os nosos músicos ben merecen un descansiño! Este ano fomos ao camping O Preguntoiro, en Sanxenxo.


Publicado en Novas | Leave a Comment »
17 julio 2014 por xarandeira
Xarandeira actuou onte día 16 de Xullo na procesión marítima na honra á Virxe do Carme. A nosa seguinte actuación será o dia 19 de Xullo en Vilar.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2014/07/17/mar-volvio-recibir-carmen/0003_201407B17C6991.htm

Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
20 mayo 2014 por xarandeira
Foi unha grata sorpresa o noso grupo invitado deste ano. A súa actuación destacou no Festival, pero o mellor foi poder ter a ocasión de compartir un tempo con eles. Pasamos moi bos momentos a pesar do escaso tempo que tiñamos.
(Para ver máis fotos, engadide a «Rancho folclorico da Afurada» en facebook, e consultade neste enlace: https://www.facebook.com/ranchodaafurada/photos_all)
Sacaronnos a bailar……..

Rematado o festival, dirixímonos a cear, e alí volveu a empezar a festa….

Agora era o turno de poñerse presentable para a noite, donde lles ofrecimos queimada e aperitivos….

Baixamos ata o pobo, a ensinarlles a noite cesureña. Algúns seguro que querían quedar máis tempo………..

Despois dunha noite tan movida, fomos a Santiago de Compostela, donde fixemos unha pequena visita guiada…

A comida de despedida acabou entre agradecementos entre ambos grupos

Muito obrigado pela sua visita !!!
Estamos ansiosos para reunir novamente em junho com você !!!!!

Publicado en Agradecementos, Novas | Leave a Comment »
20 mayo 2014 por xarandeira
O pasado sábado dia 17 de Maio celebrouse este festival, cun gran éxito, pero cun abafante calor que condicionou tanto aos grupos como ao público.
A pesar do mal estado do escenario polo intenso calor, non houbo maior problema actuando no chan da plazuela.
Estes foron os grupos participantes:




Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
12 mayo 2014 por xarandeira

Este 17 de maio celebrarase o festival folclòrico na nosa vila, Pontecesures. O evento está organizado polo Concello de Pontecesures e polas asociacións culturais Xarandeira e Algueirada.
Desde A.C. Xarandeira queremos invitar a todos a que asistan, e desexarlle ao noso grupo invitado Rancho Folclórico Afurada unha agradable estancia e que disfruten.
Os grupos faremos un pasarrúas sobre as 17:00 da tarde, e o festival comezará ás 17:30.
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
9 mayo 2014 por xarandeira
- Festival das Letras Galegas (Pontecesures) – 17 de maio
- Actuación en Vila Praia de Áncora (Portugal) – 8 de xuño
- Actuación en Porto (Portugal) – 22 de xuño
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
7 abril 2014 por xarandeira

Un ano máis, a nosa asociación actuou nesta festa, onde nesta ocasión puidemos contar ca presenza do Grupo Etnográfico Vila Praia de Áncora, cos cales voltaremos a disfrutar en Xuño en Portugal.

Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
23 julio 2013 por xarandeira
- 27/07/2013 – Viana do Castelo(Portugal)
- 9-10/08/2013 – Devesa(Valga)
- 1/09/2013 – Bemil (Caldas de Reis)
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
23 julio 2013 por xarandeira
Tralo paso por Pontecesures do Grupo de Danças e Cantares de Perre (Viana do Castelo), agora é o turno da Asociación Cultural Xarandeira.
Sairémolo sábado, visitaremos a cidade e actuaremos para o público portugués.
Estamos desexando ver xa qué sorpresas nos agardan!!!
Publicado en Actuacións, Novas | 2 Comments »
19 mayo 2013 por xarandeira
A.C. Xarandeira organiza de novo esta xuntanza de músicas tradicionais, visto o gran éxito do ano pasado. Animádevos a virnos visitar, e traede o instrumento!
42.715638
-8.635310
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
19 mayo 2013 por xarandeira
Celebrouse, como cada ano, este festival folclórico para disfrute de tódolos veciños e que, por causas meteorolóxicas, tivo que situarse no Pavillón polideportivo, aínda que finalmente o pasarrúas realizouse sen problemas.

O noso grupo invitado deste ano foi o «Grupo de Danças e Cantares de Perre (Viana do Castelo)». Fixeron unha actuación moi leda, cun gran repertorio tanto musical como de traxes. Este grupo invitaranos a Viana do Castelo o 27 e 28 de Xullo
Tampouco perdimos o tempo en sacarnos unha foto, aproveitando a ocasion. Estas e outras moitas fotos deste festival poderedes velas no noso Facebook

42.715638
-8.635310
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
14 abril 2013 por xarandeira
- 14/04/2013 – Cesures (Festa da Lamprea)
- 20/04/2013 – Guillán(Vilagarcía)
42.715638
-8.635310
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
27 enero 2013 por xarandeira
Celebrada este ano en Casa Farrucán, onde houbo boa comida e moita festa, o cal xa non é novidade!!

42.715638
-8.635310
Publicado en Novas | Leave a Comment »
31 diciembre 2012 por xarandeira
- 07/01/2013 – Cesures (Patrón San Xulián)
- 19/01/2013 – Bronllo
42.715638
-8.635310
Publicado en Uncategorized | Leave a Comment »
31 diciembre 2012 por xarandeira
Dende A.C. Xarandeira queremos desexarvos a todos un bo nadal, e que teñades un 2013 o máis feliz posible.
Esta asociación cerra un ano máis cheo de éxitos, medrando a pasos axigantados, tanto en nivel como en integrantes.
Esperamos que o 2013 sexa, canto menos, igual de bo que o 2012!!!

42.715638
-8.635310
Publicado en Agradecementos | Leave a Comment »
25 agosto 2012 por xarandeira
- 25/08/2012 – Valga
- 22-23/09/2012 – Valladolid
- 29/09/2012 – Manselle
- 12/10/2012 – Virxe do Pilar (San Xulián)
42.715638
-8.635310
Publicado en Uncategorized | Leave a Comment »
25 agosto 2012 por xarandeira
Preme neste enlace pra ver a primeira parte da entrevista:
REV08REV008_1
Preme neste enlace pra ver a segunda parte da entrevista:
REV08REV009_1
42.715638
-8.635310
Publicado en Novas | Leave a Comment »
8 agosto 2012 por xarandeira
Agréganos en Tuenti: Asociación Cultural Xarandeira
Dalle ao «Me gusta» en Facebook: http://www.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-Cultural-Xarandeira/166418270074522
42.715638
-8.635310
Publicado en Novas | Leave a Comment »
8 agosto 2012 por xarandeira
- 15/08/2012 – Nosa Señora da Ponte(Padrón)
- 16/08/2012 – San Roque da Ponte(Padrón)
- 25/08/2012 – Valga
42.715638
-8.635310
Publicado en Actuacións, Novas | Etiquetado actuacións | Leave a Comment »
8 agosto 2012 por xarandeira
O resultado da nosa primeira edición deste serán 24 horas, non puido obter uns mellores resultados. Seguramente cometimos erros, pero para esto están as primeiras veces! Nos anos seguintes trataremos de mellorar o que sexa posible.
Tamén tivemos a sorte de contar cunha serie de grupos que fixeron que fose imposible aburrirse o dia 30 de Xuño no peirao de Pontecesures:
- A Requinta da Laxeira (Vedra)
- Algueirada (Pontecesures)
- Os Mersenarios
- Pandereteiras Infantís de Cordeiro
- Pandereteiras Infantís de San Clemente
- Pandereteiras de Valga
- Grupo Folklórico de Trazo
- Grupo Folklórico de Barro
- Grupo de Pandereitas As Outras (Allariz)
- Airiños do Meda (Padrón)
- Pandereteiras – Amas de Casa de Catoira
A todos eles… MOITISIMAS GRAZAS!
E tamén moitas grazas a todos aqueles que, pola súa conta, tamén quixeron acercarse ata nós, e pasar uns bos momentos connosco.
Debemos facer un especial recoñecemento a tódolos pais, nais, familiares e amigos de membros de A.C. Xarandeira, polo esforzo realizado. Algúns tiveron que aguantar moitas horas ali, traballando e axudando no que podían, perdendo tempo de estar ca familia, ou de descansar do traballo. Tendo en conta que o día 30 de Xuño, calculamos que unhas 200 persoas comeron connosco, dalle moito mérito a todo este traballo realizado. GRACIAS DE VERDADE!
42.715638
-8.635310
Publicado en Agradecementos | Leave a Comment »
5 junio 2012 por xarandeira

- 30/06/2012 – Ghaitellón (I Festival folk Xarandeira de Pontecesures)
- 16/07/2012 – Festa da Ponte (Padrón)
42.715638
-8.635310
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
5 junio 2012 por xarandeira

O vindeiro 30 de Xuño, a Asociación Cultural Xarandeira vai celebrar un encontro de grupos folklóricos da comarca, que, en forma de serán, abarcará dende o 30 de xuño as once da mañán ó 1 de xullo a mesma hora, no peirao de Pontecesures (na explanada que hai antes da Nestlè).
Xa temos confirmada asistencia dos seguintes grupos:
- A Requinta da Laxeira (Vedra)
- Algueirada (Pontecesures)
- Os Mercenarios de Dodro
- Pandereteiras Infantís de Cordeiro
- Pandereteiras Infantís de San Clemente
- Pandereteiras de Valga
- Grupo Folklórico de Trazo
- Grupo Folklórico de Barro
- Grupo de Pandereitas As Outras (Allariz)
- Airiños de Meda (Padrón)
- Pandereteiras – Amas de Casa de Catoira
- …
Os grupos pódense inscribir en acxarandeira@hotmail.com, ou no teléfono 628.826857.
42.715638
-8.635310
Publicado en Actuacións, Novas | Leave a Comment »
Older Posts »