Feeds:
Entradas
Comentarios

II Ghaitellón

A.C. Xarandeira organiza de novo esta xuntanza de músicas tradicionais, visto o gran éxito do ano pasado. Animádevos a virnos visitar, e traede o instrumento!935347_506956746020671_1262706406_n (1)

Celebrouse, como cada ano, este festival folclórico  para disfrute de tódolos veciños e que, por causas meteorolóxicas, tivo que situarse no Pavillón polideportivo, aínda que finalmente o pasarrúas realizouse sen problemas.

936502_499198516796494_1233969460_n

O noso grupo invitado deste ano foi o “Grupo de Danças e Cantares de Perre (Viana do Castelo)”. Fixeron unha actuación moi leda, cun gran repertorio tanto musical como de traxes. Este grupo invitaranos a Viana do Castelo o 27 e 28 de Xullo935061_507306912652321_1496562480_n

Tampouco perdimos o tempo en sacarnos unha foto, aproveitando a ocasion. Estas e outras moitas fotos deste festival poderedes velas no noso Facebook

942986_507317809317898_1796364619_n

  • 14/04/2013 – Cesures (Festa da Lamprea)
  • 20/04/2013 - Guillán(Vilagarcía)

Cea A.C. Xarandeira

Celebrada este ano en Casa Farrucán, onde houbo boa comida e moita festa, o cal xa non é novidade!!

DSC_0250

  • 07/01/2013 – Cesures (Patrón San Xulián)
  • 19/01/2013 -  Bronllo

Dende A.C. Xarandeira queremos desexarvos a todos un bo nadal, e que teñades un 2013 o máis feliz posible.

Esta asociación cerra un ano máis cheo de éxitos, medrando a pasos axigantados, tanto en nivel como en integrantes.

Esperamos que o 2013 sexa, canto menos, igual de bo que o 2012!!!

  • 25/08/2012 – Valga
  • 22-23/09/2012 – Valladolid
  • 29/09/2012 – Manselle
  • 12/10/2012 – Virxe do Pilar (San Xulián)

Preme neste enlace pra ver a primeira parte da entrevista:

REV08REV008_1
Preme neste enlace pra ver a segunda parte da entrevista:

REV08REV009_1

Síguenos!!

Agréganos en  Tuenti:  Asociación Cultural Xarandeira

Dalle ao “Me gusta” en Facebook: http://www.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-Cultural-Xarandeira/166418270074522

  • 15/08/2012 – Nosa Señora da Ponte(Padrón)
  • 16/08/2012 – San Roque da Ponte(Padrón)
  • 25/08/2012 – Valga

O resultado da nosa primeira edición deste serán 24 horas, non puido obter uns mellores resultados. Seguramente cometimos erros, pero para esto están as primeiras veces! Nos anos seguintes trataremos de mellorar o que sexa posible.

Tamén tivemos a sorte de contar cunha serie de grupos que fixeron que fose imposible aburrirse o dia 30 de Xuño no peirao de Pontecesures:

  • A Requinta da Laxeira (Vedra)
  • Algueirada (Pontecesures)
  • Os  Mersenarios
  • Pandereteiras Infantís de Cordeiro
  • Pandereteiras Infantís de San Clemente
  • Pandereteiras de Valga
  • Grupo Folklórico de Trazo
  • Grupo Folklórico de Barro
  • Grupo de Pandereitas As Outras (Allariz)
  • Airiños do Meda (Padrón)
  • Pandereteiras – Amas de Casa de Catoira

A todos eles… MOITISIMAS GRAZAS!
E tamén moitas grazas a todos aqueles que, pola súa conta, tamén quixeron acercarse ata nós, e pasar uns bos momentos connosco.

Debemos facer un especial recoñecemento a tódolos pais, nais, familiares e amigos de membros de A.C. Xarandeira, polo esforzo realizado. Algúns tiveron que aguantar moitas horas ali, traballando e axudando no que podían, perdendo tempo de estar ca familia, ou de descansar do traballo. Tendo en conta que o día 30 de Xuño, calculamos que unhas 200 persoas comeron connosco, dalle moito mérito a todo este traballo realizado.    GRACIAS DE VERDADE!

  • 30/06/2012 – Ghaitellón (I Festival folk Xarandeira de Pontecesures)
  • 16/07/2012 – Festa da Ponte (Padrón)

Imaxe

O vindeiro 30 de Xuño, a Asociación Cultural Xarandeira vai celebrar un encontro de grupos folklóricos da comarca, que, en forma de serán, abarcará dende o 30 de xuño as once da mañán ó 1 de xullo a mesma hora, no peirao de Pontecesures (na explanada que hai antes da Nestlè).

Xa temos confirmada asistencia dos seguintes grupos:

  • A Requinta da Laxeira (Vedra)
  • Algueirada (Pontecesures)
  • Os  Mercenarios de Dodro
  • Pandereteiras Infantís de Cordeiro
  • Pandereteiras Infantís de San Clemente
  • Pandereteiras de Valga
  • Grupo Folklórico de Trazo
  • Grupo Folklórico de Barro
  • Grupo de Pandereitas As Outras (Allariz)
  • Airiños de Meda (Padrón)
  • Pandereteiras – Amas de Casa de Catoira

Os grupos pódense inscribir en acxarandeira@hotmail.com, ou no teléfono  628.826857.

logA Deputación Provincial de Pontevedra ven de anunciar a concesión dunha axuda a Asociación Cultural Xarandeira, dentro do Plan Cultural, para a compra de un bombo de latón, unha caixa de latón, un cabalete e un tambor de nogueira, para a sección instrumental do grupo. De esta forma reforzamos materialmente esta sección.

 

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.